jueves, 31 de octubre de 2013

SAMAÍN

Durante toda a semana estivemos a facer bruxas, morcegos e pantasmas terroríficas; todo polo SAMAÍN.
 
 
 

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos estase a recuperar de novo co traballo realizado nas escolas, nos concellos e en distintos colectivos de Galicia.
 
A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, é dicir, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos do mundo dos mortos e visitan as casas das súas familias para se quentar e tomar algo de alimento.
 

Comezamos o luns co Concurso de cabazas arrepiantes. Os nenos e nenas do colexio fixeron uns impresionantes calacús.
 
 
A mesa preparadiña para recibir os calacús.

Ups! A mesa quedou pequena.


Outra mesa para máis calacús.









 
E o mércores pintamos a cara coma se fósemos monstros e aprendimos unha canción de Samaín.
 




 
 
 
Canción de Samaín
 
 
 
Finalmente, aquí abaixo tedes un conto que vén moi ben para este día, por se queredes velo cos vosos nenos.
 
"Corre, corre cabaciña"
 
 
 
Desde Educación Infantil queremos mostrar o noso máis sincero agradecemento pola exitosa participación no concurso de cabazas.
 
¡Moitas grazas!
 
 
 
 





 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario