lunes, 25 de noviembre de 2013

O BARDO ABELARDO

¡¡¡Menuda sorpresa levaron os nenos de 3 e 4 anos, cando este xoves 21 de novembro, O Bardo Abelardo, un gran contacontos galego, entrou polo noso colexio, e comezou a deleitarnos coas súas cancións e contos!!!
Contounos os contos de:
"Vicentiño", un paxaro que descubriu que nas ramas das árbores aniñaba a palabra PAZ.
"O Carballo con botas", un carballo que naceu dentro da bota dun soldado que non quixo ir á guerra.
A continuación as fotos para que vexades como disfrutamos.
























domingo, 17 de noviembre de 2013

O MAGOSTO

O Magosto é unha festa tradicional que se celebra en Galicia dende hai moito tempo. Nun principio, a xente reuníase no monte para asar as castañas e pasar un bo momento arredor do lume. Na actualidade faise nas prazas, nos rueiros, nalgún recuncho da vila... A tradición do magosto disque se remonta aos celtas, antigos habitantes de Galicia. Como eles non tiñan edificios nin templos onde celebrar as súas festas, facíanas no medio do bosque.
No noso colexio seguimos esta tradicional celebración e, como este ano o tempo acompañou, celebramos o magosto polo San Martiño, como manda a tradición. Fomos ao monte Vixiador!
 
 
Na clase emocionados esperando o autobús.


¿Cómo será o Monte?¿Veremos algún lobo?
¡¡¡Cantas dúbidas!!!
 

¡Xa chegou o autobús!

Esperando para subir ao autobús.

Os leonciños máis pequenos imos primeiro.

¡Xa pode arrancar, Señor conductor!

Esperando a que baixen todos os compañeiros.

Seguimos esperando.

Todos sentados e colocando as nosas cousas enriba da mesa.


Xogando coas follas do outono.
 










Toca o momento da merenda, mentres se asan as castañas.





E por fin as desexadas castañas.








 
 
 
Aproveitando o pouco tempo que nos queda no monte.
 




Ups!!! quitóuselle a capucha.

Colocando de novo a capucha.







 
Xa imos de volta para o autobús.